Currículo do Director
Prof. Alejandro Guillermo
Os seus primeiros estudos musicais foron de guitarra e linguaxe musical, obtendo título das dúas especialidades no Conservatorio María Angélica Piola de Uruguai aos 16 anos.
Graduado do Instituto de Profesores Artigas de Montevideo na especialidade de Educación Musical no ano 1987.
Cursou estudos de piano, dirección coral e orquestral na Escola Universitaria de Música de Montevideo.
Docente de Educación Musical, Director de Coros e Pianista acompañante en Educación Secundaria desde o ano 1983 ata o ano 2009.
Ademais da formación académica antes reflectida, tamén tivo unha importante formación autodidacta, e realizou numerosos cursos de perfeccionamento, tanto en Uruguai como no exterior.
A súa produción intelectual inclúe algúns traballos de investigación, gravación de CD’s, arranxos corais, e composicións musicais propias.
Entre os anos 2005 e 2009 foi director de coros, profesor de dirección coral, solfexo e impostación da voz na Dirección de Formación e Perfeccionamento Docente da Anep (Administración Nacional de Educación Pública en Uruguai) na especialidade Educación Musical nas súas modalidades presencial e Educación a distancia.
Director de varias corais uruguaias desde o ano 1988 ata o ano 2009. Entre elas destácanse: Coro Pro-Música de Trinta e Tres, Coral Cantemus, Coro do Instituto Anglo-Uruguayo, Asociación Coral Procantus, Coro do Instituto Italiano de Cultura de Montevideo, entre outros.